BIO
Fernando Barroso. Músico, compositor e produtor galego. Ferrol, 1979.
Participóu en numerosos proxectos dentro da escéa Folk/World Music. Desde Galiza e Portugal formóu parte de diferentes bandas e colaboróu con outros artistas. Foi fundador dos laureados Assembly Point e TRIM, e en 2016 comezóu a súa carreira en solitario co lanzamento de 'INTROPÍA'
Na actualidade conta con 5 álbumes : 'INTROPIA' 2016, 'SILENCE LOVERS CLUB - MANDOLIN PIECES' 2018, 'XOGRAR' 2020, 'UM CONCERTO EM COIMBRA' 2020, 'MAN' 2023
A súa discografía está baseada nun repertorio orixinal, resultado da fusión da música de raíz e música moderna, con algunhas influencias dispares de diferentes épocas ou culturas.
Ten realizado concertos en decenas de países e nalgúns dos festiváis Folk/World Music máis importantes, así coma en ciclos de Jazz, Clásica, Festiváis de Plectro e de Música Antiga ou Medieval.
Impartíu numerosas aulas maxistráis sobre música tradicional e folk , instrumentos de corda pulsadae composición musical desde o punto de vista da música de raíz.
+INFO & CONTRATACIÓN: info@fernandobarroso.com